| Illa do Diaño | |
|---|---|
| Île du Diable | |
![]() | |
| Situación | |
| País | |
| Departamentos e territorios de ultramar de Francia | Güiana Francesa |
| Arquipélago | Illas da Salvación |
| Mar | Océano Atlántico |
| Coordenadas | 5°17′N 52°35′O / 5.283, -52.583 |
| Xeografía | |
| Xeoloxía | Illa continental |
| Superficie | 0.14 km² |
| Punto máis alto | 40 m. |
| Demografía | |
| Poboación | Deshabitada |
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Illa do Diaño |
A Illa do Diaño[Cómpre referencia] (en francés "Île du Diable") é a illa máis pequena das tres Illas da Salvación (en francés Iles du Salut), localizada a 11 km da costa de Güiana Francesa ten unha área de 14 hectáreas. As súas coordenadas xeográficas son: 5°17'N, 52°35'W. A illa foi utilizada como unha colonia penal francesa, moi famosa pola brutalidade con que eran tratados os prisioneiros.
A illa é rochosa e esta cuberta de selva tropical. Ten unha altitude media de 40 metros sobre o nivel do mar. Foi aberta en 1851 por Napoleón III para albergar todo tipo de prisioneiros, desde asasinos a criminais políticos. A pesar de que os edificios administrativos se atopaban en Kourou en terra firme, co tempo todo o complexo foi chamado A Illa do Diaño.
Desde 1852 ata 1938 chegaron máis de 80,000 prisioneiros, e debido ás terribles condicións sanitarias da illa, a maioría nunca volveron ser vistos. A única forma de escapar era por bote, e logo debía superarse unha selva impenetrable, polo que poucos convictos lograron escapar.
Algúns sobreviventes deixaron relatos dos horrores do penal, entre eles atópase o anarquista Clément Duval, o autor de Papillon Henri Charrière e o famoso capitán Alfred Dreyfus, que estivo alí máis de catro anos ata que foi perdoado en 1899 e finalmente declarado inocente en 1906.
O penal foi clausurado en 1946 e a maioría dos prisioneiros regresou a Francia, aínda que algúns decidiron quedar na Güiana Francesa.
Índice
- 1 Notas
- 2 Véxase tamén
- 2.1 Outros artigos
- 2.2 Ligazóns externas
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa do Diaño |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Departamentos e territorios de ultramar de Francia
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Misterios de la Historia - Capítulo 60: La Isla del Diablo no YouTube
|
